A súa vida
Naceu en outubro de 1944 en Cernadela, Riofrío, Mondariz.
O seu xeito de tocar e cantar
Aldina toca a pandeireta e canta, ten un xeito moi peculiar de adornar as melodías con moitos xiros na voz e repicando moito a pandeireta.
Nas súas cantigas atopamos todo tipo de temáticas para acompañar as pezas do serán: ribeiranas, xotas, agarrados...
Nas súas cantigas atopamos todo tipo de temáticas para acompañar as pezas do serán: ribeiranas, xotas, agarrados...
Rexistros audiovisuais
□ Xota
□ Ribeirana
□ Chiqui Chiqui
|
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Elena Pérez Posada (Leni)
[email protected]
[email protected]
Por que?
Esta foi a miña primeira gravación: xa tiña ido antes de recollida, pero nunca puidera gravar... Foi a primeira cinta coa que traballei cando comecei a dar clases de pandeireta no ano 1990, e as súas melodías sempre me acompañan. Por casualidades da vida conseguín, logo de moitos anos, contactar con Aldina a comezos de 2000 e aínda está a tocar e cantar a día de hoxe. Unha muller cunha voz fermosa e gran tocadora de pandeireta, mestra, transmisora e amiga: sempre no meu corazón.