Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Amparo Dobarro

Amparo
Dobarro

A súa vida

Naceu en 1931 en Zobra (Lalín), onde sempre viviu. Amparo vivía cos seus pais e cos seus avós. Curiosamente, aprendeu a tocar e bailar coa súa avoa, e o avó tamén bailaba; en cambio, os seus pais non sabían cantar nin bailar. A súa compañeira de tocar e bailar era Hortensia, amiga e veciña. Amparo e Hortensia tocaron sempre xuntas, e foron as que seguiron mantendo viva a tradición no lugar de Zobra: seguiron tocando e bailando, facendo ruadas e ensinando a outras veciñas do lugar para manter vivo o seu legado.

O seu xeito de tocar e cantar

Coma Hortensia, aprendeu a tocar nun prato de porcelana, porque na casa non tiñan pandeireta. A avoa de Amparo tocaba co puño, pero ela di que lle era máis fácil coa man, e sempre tocou coa man medio aberta. Igual que Hortensia, toca na muiñeira os dous toques máis fortes e sen abrir moito a pandeireta. A orde das pezas era xota, muiñeira, agarrado e rumba.

Rexistros audiovisuais

Ficha técnica da gravación 1
  • Lugar e data: Zobra, Lalín (PO)
  • Persoas compiladoras: Celso F. Sanmartín
  • Outras persoas que saen na gravación: Hortensia Taboada

Ficha técnica das gravacións 2 e 3
  • Lugar e data: Teleclub de Zobra, Lalín (PO), 2009
  • Persoas compiladoras: Pichi Abollado, Pedro Brañas e Chus Caramés
  • Outras persoas que saen na gravación: Hortensia Taboada, Concepción, Pepe e Josefa

Quen a nomea?

Marta Mouriño Taboada e Chus Caramés
[email protected]

Por que?

Témoslle especial cariño porque en Zobra foi onde, aínda que en distintas épocas, fixemos as nosas primeiras recollidas. Porque desde entón fomos tecendo un vínculo entre nós, polo que hoxe nos consideramos como da familia. Porque son bravas no seu cantar, no seu tocar e no seu vivir. Porque son uns verdadeiros tesouros humanos vivos, coa grandísima habilidade de transmitir o saber popular cun arte e unha alegría asombrosas. Polo tanto que nos aprenderon coa súa leal compañía, sempre fieis á Santa Ferreña, a cal é a representación delas, e elas a súa encarnación.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto