A súa vida
Nacida en 1929 en Pereiras, Taboadela (Ourense), viviu no lugar onde naceu. Era a máis pequena de catro irmás. Aprendeu a tocar dunha irmá, Eldina, e dunha veciña, copiando: collía unha lata e púñase canda elas, e cando ía ao monte practicaba nunha cesta.
O seu xeito de tocar e cantar
Toca primeiro muiñeira, despois xota e os agarrados, todo coa man aberta. Na muiñeira emprega un xeito moi común na provincia de Ourense, a muiñeira con cuatrillo. A xota ten volta. Tamén toca rumba e pasodobre ou corrido; este último tócao como a muiñeira pero sen o cuatrillo continuo (só o emprega de vez en cando como adorno).
Cantounos maioritariamente en galego, aínda que tamén emprega o castelán nalgunha das súas cantigas. A temática é a común; canta tamén cantigas referidas a lugares da contorna. Son de catro versos octosílabos.

Rexistros audiovisuais |
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Patricia López González e Xermán Alexandre Muíños
[email protected]
[email protected]
Por que?
Parécenos importante que aparezan mulleres da provincia de Ourense máis alá da serra do Suído e outras zonas máis traballadas, para amosar ese xeito tan fermoso de tocar.