Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Áurea Casal del Río

Áurea
Casal del Río

(Áurea de Amador)

A súa vida

Naceu en Pardaces de Arriba, A Peregrina (Santiago de Compostela), o 22 de marzo de 1936, onde segue a vivir hoxe (31/12/2025).

O seu xeito de tocar e cantar

É unha gran tocadora da pandeireta e gran cantadora. Toca a muiñeira (riscada), o pateado (longo), o pasodobre e a dansa. Ten unha gran potencia vocal e un enorme sentido musical.

Se hai algo especialmente salientable de Áurea é a súa capacidade, non exactamente de improvisar, pero si de "contestar" cantareas: ten mil e un cento no seu maxín, polo que é practicamente imposible que, se lle botan un cantar, Áurea non teña como respondelo, sempre nun ton pícaro e encantador, como ela mesma é: unha muller alegre e forte.

Rexistros audiovisuais

□ Muiñeira 1
□ Muiñeira 2
□ Pateado
Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: A Peregrina, Santiago de Compostela (C), 2017
  • Persoas compiladoras: Alejandro Martínez Míguez e Miguel Barbazán Lesta
  • Outras persoas que saen na gravación: María de Mata, María de Outeiro e a neta de Áurea, Ana Bugallo Casal

Quen a nomea?

Alejandro Martínez Míguez
alexmmiguez@gmail.com

Por que?

Aurea é unha grandísima muller, en todos os sentidos: forte, valente, divertida, pícara, sabia... Unha especie de icona da muller rural galega. Ademais, é a miña veciña, unha desas mulleres que me fixeron ser como son, palabra a palabra e cantarea a cantarea.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto