Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Balbina Mosquera Recouso

Balbina
Mosquera Recouso

(Balbina de Landeira)

A súa vida

Naceu e finou en Liste, Numide, no concello de Tordoia (1930-2017). Tocaba especialmente coa súa compañeira de sempre, Alvira Grela Rama; se non, tocaba soa.

O seu xeito de tocar e cantar

Mantiña o xeito de tocar do lugar de Liste. Usaba un ton moi agudo e estridente, cun timbre de voz moi característico. As súas melodías e o seu xeito de tocar eran pouco ornamentados. Só tocaba pandeireta. Tocaba pateado de catro e muiñeira coa particularidade de que se move entre unha "acabalgada" e unha muiñeira "normal". Sempre tocaba moi rápido e moi acentuado.

Non era improvisadora, pero tiña un repertorio literario moi particular, supoñemos que aprendido na propia unidade familiar, pois toda a familia era moi cantadora. Trataba practicamente todos os temas, se ben podemos remarcar que tende á sátira en todo o que canta. En canto á creatividade, hai que poñer atención en que botou sen tocar 40 anos, volveu coller a pandeireta no 2003 e despois diso tocou moi puntualmente. Acudiu pouco aos encontros de tocadoras que se daban na parroquia e, nas ocasións en que puidemos vela tocar, sempre foi nun ambiente artificial.

Rexistros audiovisuais

□ Muiñeira
□ Pateado
Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: A Pontraga, Numide, Tordoia (C), novembro de 2006
  • Persoas compiladoras: A.C. Brisas do Quenllo (María e Carme da Pontragha)

Quen a nomea?

Carme e María Iglesias (Carme e María da Pontragha)

Por que?

Foi unha das primeiras persoas que vimos coller a pandeireta e tocar na nosa parroquia, aló polo ano 2003.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto