A súa vida
Naceu en 1947 no Couto, parroquia de Muíño (Zas). Xunto coa súa irmá Lelucha, aprendeu a tocar de forma natural coa xeración anterior, entre elas Elisa, Carmen e Lela, a última que fai as ruadas e tamén que baila e toca a muiñeira (vella). Ambas irmás teñen moito contacto e amizade con María Souto (Langueirón, Meanos, Zas), a quen imitan e consideran mestra, e con quen se xuntan para tocar e cantar.
O seu xeito de tocar e cantar
O seu repertorio musical é extenso, responde aos patróns da comarca de Terras de Soneira, moi preto da do Xallas, coa que hai similitudes. No baile establecen unha estrutura en que sempre van primeiro os soltos (riscada, muiñeira e xota) e despois, os agarrados (danza, rumba, pasodobre e valse). No xeito de tocar utilizan os recursos do riscado, o empuñado (muiñeira) e os toques a man aberta para o resto dos bailes. O toque empuñado perdeuse na xeración anterior e Benedita só se refire a el, aínda que lembra como é e como é o baile. Coñece e reproduce tamén alalás, romances, cantos variados, de Reis, Nadal etc.
Ten un repertorio extensísimo de “cantas” (así se chaman as cantigas na zona), con temáticas comúns: amor e desamor, viaxes, emigración, animais, lugares, desafíos con outras cantareiras ou cos homes…

Rexistros audiovisuais |
Ficha técnica das gravacións 1 e 2
Ficha técnica da gravación 3
|
Quen a nomea?
Por que?
Ten un repertorio moi bonito, interesante, extenso e completo, coñecido no mundo das agrupacións e as persoas compiladoras, pero non pola maioría da xente: mesmo persoas interesadas na música tradicional ou mestras, que non tiveron acceso a ela. Sempre nos brindou unha fantástica acollida.
Desde que tivemos a fortuna de a coñecer, sempre nos tivo as portas abertas e toda a xenerosidade disposta para nos aprender, tamén festexando a canda nós tantísimos anos nos Encontros de Música Tradicional de Carboeiro.