A súa vida
Naceu no ano 1946 na parroquia de Serramo, no concello de Vimianzo, pero posteriormente trasladouse á parroquia de Berdoias, tamén no concello de Vimianzo. Aprendeu a tocar de seu pai, arredor dos 10 anos, tocando nunha lata de sardiñas.
O seu xeito de tocar e cantar
No seu repertorio para o baile atopamos muiñeira riscada, xota, danza ou rumba e agarrado. Tamén coñece cantares do arrieiro e romances.
Coñece cantigas de moi diversos temas, unha ampla porcentaxe delas en galego.
Coñece cantigas de moi diversos temas, unha ampla porcentaxe delas en galego.
Rexistros audiovisuais
|
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Roberto Rodríguez e David Vázquez
Por que?
Carme foi dende o primeiro momento unha persoa xenerosa e alegre, que nos abriu as portas da súa casa case sen que fixese falta presentación. Compartimos con ela unha marabillosa tarde de cantares e moi bo humor.