Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Carmen Calvo Calvo

Carmen
Calvo Calvo

A súa vida

Nacida en 1944, en Penamá, concello de Allariz, onde viviu ata hai uns anos, cando foi cunha filla que ten en León. Muller afable, amable, riseira e moi simpática e acolledora, viviu soa moitos anos na súa casiña no máis alto da máis alta aldea de Allariz, cantando ela soa mentres facía os labores domésticos, cos animais e a horta: así a coñecín un día que pasaba polo camiño onda a súa casa.

O seu xeito de tocar e cantar

No repertorio de Carmen hai xotas, muiñeiras, pasodobres e tangos; non refire outros xéneros como a sega, os nadais e reis, romances ou arrolos. Tocaban xuntas varias mozas ou só unha: o resto bailaba ao son dos soltos e os agarrados. Á pandeireta chámalle "pandeira": comenta que antes eran algo máis grandes que a que levamos e que se tocaban co puño, aínda que tamén se vía a man aberta. Ela opta por tocar a man aberta para non facer moito ruído e que saian ben as gravacións.

As cancións ("cantigas") refírense a cuestións da vida diaria: amoríos e desamores, lugares, animais, bailes..., maioritariamente en galego. As cancións son as que aprendeu desde nena no lugar: sabe moitas e variadas e non fai exercicio de creación ou improvisación.

Rexistros audiovisuais

Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Penamá, Allariz (OU), verán de 2017
  • Persoas compiladoras: Xermán Muíños 

Quen a nomea?

Xermán Alexandre Muíños
[email protected]

Por que?

Nomeo a Carmen pola amizade e o cariño que nos une e para poñer en valor persoas, lugares e repertorios menos coñecidos, explorados e traballados.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto