A súa vida
Naceu o 11/05/1944 no lugar da Tapia, na parroquia de Sofán, concello de Carballo. Cando era moza foi vivir para Carballo coa súa familia, onde xa fixo vida ata agora. Non toca a pandeireta, pero lembra moitas cancións que cantaba a súa nai.
O seu xeito de tocar e cantar
Recorda diferentes melodías e coplas, tanto muiñeiras coma xotas; tamén cantos de cego e romances. Lembra cando viña o cego ás feiras de Carballo e di que lle chegaba con escoitar a canción unha vez para aprendela.
Rexistros audiovisuais
□ Cantigas
|
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Jennifer Felpete Iglesias (Jenni Felpete)
[email protected]
[email protected]
Por que?
É miña tía, irmá de miña nai.