A súa vida
Naceu en 1940 en Acevedo, Zobra (Lalín). Celsa aprendeu a tocar co seu pai; a súa nai non tocaba. Despois, ao comezar a ir ás ruadas, foi collendo o estilo das máis novas, e xuntouse con Amparo e Hortensia: de aí que teñan un estilo de tocar moi parecido. Cabe destacar que Celsa ensinou a tocar á filla máis nova e tamén ás súas netas: aínda que despois foron a clases con outras mestras, a tradición da zona vai seguir estando grazas a elas.
O seu xeito de tocar e cantar
O xeito de tocar é o mesmo que as súas compañeiras Amparo e Hortensia: destaca que non abren moito a pandeireta e que na muiñeira os dous primeiros toques son máis fortes que o último. A orde das pezas nas ruadas era: xota, muiñeira, agarrado e rumba.
Rexistros audiovisuais |
Ficha técnica da gravación 1
Ficha técnica da gravación 2
|
Quen a nomea?
Por que?
Témoslle especial cariño porque en Zobra foi onde, aínda que en distintas épocas, fixemos as nosas primeiras recollidas. Porque desde entón fomos tecendo un vínculo entre nós, polo que hoxe nos consideramos como da familia. Porque son bravas no seu cantar, no seu tocar e no seu vivir. Porque son uns verdadeiros tesouros humanos vivos, coa grandísima habilidade de transmitir o saber popular cun arte e unha alegría asombrosas. Polo tanto que nos aprenderon coa súa leal compañía, sempre fieis á Santa Ferreña, a cal é a representación delas, e elas a súa encarnación.