Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Concepcion Taboada Ramos

Concepción
Taboada Ramos

A súa vida

Concha naceu no lugar do Cruceiro (Parada, Silleda) en outubro de 1929 e logo foi a vivir cunha tía súa no lugar de Carreira, tamén na fermosa parroquia de Parada. Foi nestes lugares onde Concha aprendeu a cantar, bailar e tocar a pandeireta, nas rúas ou ruadas que se facían ás noites dos xoves, sábados e domingos.

O seu xeito de tocar e cantar

Ten o xeito de tocar característico da comarca do Deza, e concretamente do concello de Silleda, onde a pandeireta era a raíña dos bailes nas aldeas. Tocaban a xota, a muiñeira e un ou dous agarrados.

Concha conta, como a inmensa maioría das informantes, que a maior parte do seu repertorio era herdado, transmitido de xeración en xeración.

Rexistros audiovisuais

Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Casa de Concha en Parada, Silleda (PO), 06/12/2016
  • Persoas compiladoras: Alejandro Martínez Míguez e Miguel Barbazán Lesta
  • Outras persoas que saen na gravación: A súa filla

Quen a nomea?

Alejandro Martínez Míguez (Ales da Peregrina)
[email protected]

Por que?

Levo moitos anos a dar aulas de pandeireta na parroquia de Parada e Concha é unha gran referente. Ademais de todo o que sabe, é unha muller moi boa e xenerosa que merece ser recoñecida.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto