A súa vida
Naceu en 1929 en Areás, parroquia de Armariz, Xunqueira de Ambía.
O seu xeito de tocar e cantar
Canta numerosas coplas, mantendo o toque de muiñeira desta zona de Ourense. Ten unha voz potente (cando a gravamos por última vez tiña case 90 anos).
Canta coplas variadas, con distintas referencias zonais: Areás, Xunqueira, Armariz, Allariz... Presenta un elevado grao de improvisación e riqueza de coplas e melodías. Na métrica prima o octosílabo, con rima asonante.

Rexistros audiovisuais
□ Cantar de Areás
□ Xota de Areás
□ Muiñeira de Areás
□ Explicación do fiadeiro
|
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Por que?
Logo de moito tempo sen visitarmos Ourense, gravamos unha serie de mulleres en Sandiás, e aproveitamos para explorar a área de Xunqueira, xa que tiñamos constancia de que unha muller mantiña "o toque". Non sabiamos nin o seu nome, pero cando a vimos soubemos que era ela. Todo amabilidade connosco, demostrou unha valía impresionante e unha gana tremenda. Botou man da memoria: dixo que había tempo que non tocaba, pero non se notou.