Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Digna Vilanova Vilanova

Digna
Vilanova Vilanova

(Digna a da Ramelleira)

A súa vida

Naceu o 16/09/1930 en Barbudo (Pontecaldelas), onde aprendeu a tocar da súa nai. Despois marchou a vivir á Fraga de Caritel, concello de Pontecaldelas, onde asistía aos seráns que alí se facían. Era gran compañeira de Áurea de Laxoso, con quen moitas veces se xuntaba para cantar. Faleceu o 30/07/2019.

O seu xeito de tocar e cantar

A súa principal característica no cantar é que o facía en tons moi graves. Tocaba todos os ritmos da zona, e tanto a pandeireta como o sacho para cantar as añas, cunchas, botella de anís ou prato con dedais. Sendo a súa unha zona onde maioritariamente se tocaba a pandeireta coa man aberta, ela adoitaba facelo co puño pechado (aínda que non era a única alí), seguramente aprendido da súa nai en Barbudo.

Era moi boa improvisadora, tanto cando facía desafíos como cando cantaba as añas, e gustáballe soltar de vez en cando algunha cantiga picante. Coñecía moitas historias dos cegos que escoitara de nena e contaba historias dos arrieiros. Era una grande aturuxadora.

Rexistros audiovisuais

Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Caritel, Pontecaldelas (PO), 1988
  • Persoas compiladoras: Francisco Abollado Fernández, Enrique Domínguez, Nacho Mariño
  • Outras persoas que saen na gravación: Veciñas de Caritel, Pontecaldelas

Quen a nomea?

Francisco Abollado Fernández (Pichi)
[email protected]

Por que?

Cando comecei a dar clase en Caritel, as miñas primeiras clases, alá polo ano 1987, Digna traía a súa neta Ángeles a clase de baile. Cando rematabamos as clases sempre collía a pandeireta e me contaba cousas: foi o meu primeiro contacto cunha informante. A partir de entón sempre me abriu a súa casa e o seu corazón: tiña con ela unha relación moi especial e, aínda que eu xa escoitara das recollidas, foi a persoa que marcou o meu xeito de traballar de cara ao futuro e ata a actualidade. Sempre a teño en mente. Nos anos seguintes a coñecela seguín facendo traballo de campo ata a actualidade, pero ela foi a primeira que me descubriu o que me quedaba por aprender e a que me marcou o camiño que quería seguir.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto