Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Dolores Gomez

Dolores
Gómez

A súa vida

Veciña da aldea de Vilariños no concello de Balboa (León). Nada en 1938 e casada en 1964.

O seu xeito de tocar e cantar

Emprega a man dereita aberta para percutir a pandeireta (o que recorda os toques a unha man da pandeira); pero cando lle mostramos unha pandeira mostrouse sorprendida polo gran tamaño e díxonos que as "panderetas" que empregaban alí eran máis pequenas (con dúas reas de ferreñas e cun tamaño algo máis grande que o modelo estándar galego).

Dolores é unha fonte inesgotable de "canciois" (coplas): ela mesma afirma que podería cantar todo o día sen repetir ningunha. Parte desa gran colección de coplas foi feita por ela mesma, mostrando unha gran creatividade e capacidade de expresión artística (ademais dunha memoria excepcional).

Rexistros audiovisuais

□ Xota
□ Moliñeira
□ Ronda de voda
Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Vilariños, Balboa (LE), 30/07/2011
  • Persoas compiladoras: Guillerme Ignácio Costa, David Álvarez Cárcamo e Daniel Carballo Penelas
  • Outras persoas que saen na gravación: Veciñas

Quen a nomea?

Daniel Carballo Penelas (Maca)
[email protected]

Por que?

Trátase dunha recollida especial para min tanto pola calidade interpretativa da informante como pola orixinalidade e autenticidade do seu repertorio. Nunca canso de escoitala e as súas "canciois" resoan na miña cabeza despois de máis dunha ducia de anos como se non tivese pasado o tempo. Tamén é salientable o feito de estar realizada nunha aldea do concello de Balboa (León) limítrofe co de Cervantes (Lugo). Soamente agardo que non se enfade moito comigo por facer pública esta recollida: Dolores é unha muller que detesta a publicidade e a notoriedade, pero considero que o seu legado musical merece ser coñecido e recoñecido. Sería moi inxusto privar ao mundo de poder coñecer este patrimonio cultural.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto