Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Dolores Lopez Reigia

Dolores
López Reigía

(Dolores de Martiño)

A súa vida

Naceu en 1919 no lugar de Loroxo, onde permaneceu ata que casou e foi vivir ao lugar de Pasacondía: ambos pertencen á parroquia de Cerqueda, no concello de Malpica de Bergantiños. Aprendeu a tocar con súa nai, que lle ensinaba cun prato de porcelana. Faleceu en 2015.

O seu xeito de tocar e cantar

Dolores de Martiño posuía unha voz moi doce e moi melódica, e volteaba sen esforzo ningún. O seu xeito de tocar era tranquilo, marcando os toques onde os había que marcar, pero sen darlles moito brío.

As cantigas que cantaba eran sobre varios temas: oficios, lugares, xente da parroquia, amores e desamores, sarcasmo, bailadoras e bailadores etc. Eran coplas de catro versos, que rimaban no segundo e no cuarto; nalgún caso facía tríadas, pero non era o común. Non as improvisaba: eran as que aprendía das compañeiras coas que tocaba, ou de súa nai e veciñas.

Rexistros audiovisuais

□ Cantas
Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Casa da filla de Carmen, no lugar dos Matos, Pasacondía, Cerqueda, Malpica de Bergantiños (C)
  • Persoas compiladoras: Rosario das Marías
  • Outras persoas que saen na gravación: A súa neta Susana de Martiño, tamén pandeireteira, que herdou a voz e o xeito de cantar de súa avoa

Quen a nomea?

A.C. Raigañas
[email protected]

Por que?

É especial para nós porque, ademais de ser unha das tocadoras máis vellas coa que tivemos contacto, participou no primeiro disco das pandeireteiras de Raigañas e contounos moitas historias de como vivían nos seus tempos mozos as foliadas e a tradición dos Madamitos e Ghuardineros. Aprendemos moito dela.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto