A súa vida
Naceu o 10/01/1930 no lugar das Pozacas, pertencente á parroquia de Cerqueda, Malpica de Bergantiños, e vive alí. Aprendeu a tocar coa súa nai (Carmela do Ghoriño) nas fiadas.
O seu xeito de tocar e cantar
A súa forma de tocar era co puño cerrado, con moito torgo e potencia na pandeireta. Tocaba a ribeirana de Cerqueda e moitos maneos e muiñeiras.
Tiña unha gran capacidade para improvisar coplas meténdose cos bailadores, veciñanza ou incluso con persoas do concello. Tiña moita retranca e incluso regueifaba en ocasións.
Tiña unha gran capacidade para improvisar coplas meténdose cos bailadores, veciñanza ou incluso con persoas do concello. Tiña moita retranca e incluso regueifaba en ocasións.
Rexistros audiovisuais
□ Punteada
□ Xota
□ Ribeirana
□ Agharrado
|
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
A.C. Raigañas
[email protected]
[email protected]
Por que?
Lola era unha das cantareiras, tocadoras e bailadoras de punteada e xota con máis carisma e alegría que nunca vira: transmitía co seu xeito de cantar e bailar.