A súa vida
Naceu en Toutón, concello de Mondariz, en 1928. Pouco despois de casar, marchou para Pontevedra co seu home, Manuel, para rexentar o bar Caravela. Viviu encima do bar coa súa familia, mais nunca deixou de estar en Toutón: cada vez que podía marchaba para a súa casa da aldea. Aprendeu a tocar e a cantar en Toutón e nunca mudou o seu xeito natural; é máis, moitas das súas veciñas (unha xeración máis novas) evolucionaron no tocar, mais Elena conservou un xeito ou técnica de cantar moi antigo e o tocar das máis vellas. Finou en 2015.
O seu xeito de tocar e cantar
Elena tiña un rexistro amplo: alcanzaba notas moi agudas e longas. O seu xeito de ornamentar era único e difícil de imitar, mais sempre mantendo as características do cantar en Mondariz: por exemplo, os finais de cantiga en modo menor e a ornamentación antes da última nota. No tocar, usaba a man aberta e o riscado en todos os ritmos. Era moi fina.
Gustaba das cantigas de temática amorosa (amor e desamor); prefería o elegante, o "bonito" e romántico, fronte ao pícaro. A iso había que engadirlle o carácter melancólico do seu cantar. Era habitual nela escoitar cantigas que falaran da súa aldea, o seu grande amor sempre.
Gustaba das cantigas de temática amorosa (amor e desamor); prefería o elegante, o "bonito" e romántico, fronte ao pícaro. A iso había que engadirlle o carácter melancólico do seu cantar. Era habitual nela escoitar cantigas que falaran da súa aldea, o seu grande amor sempre.
Rexistros audiovisuais |
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Por que?
Nomeo a Elena por ter sido unha muller traballadora que nunca esqueceu a súa aldea nin as súas veciñas; porque asociaba o cantar non só ao lecer, senón tamén ao traballo, para facelo máis levadío; pola súa técnica vocal, xa esquecida; pola súa xenerosidade e pola súa memoria de grandísima claridade.