Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Erminda Miramontes Lamela

Erminda
Miramontes Lamela


A súa vida

Nacida en 1930 na aldea de Ponte, na parroquia de Santa María de Grixoa (Santiago de Compostela). Viviu ata que casou na súa aldea natal, onde aprendeu a cantar, tocar e bailar a forza de observar aos máis vellos e participando nas foliadas, nos traballos no agro e no monte, nas romarías... Logo pasou a vivir nas Casas Novas (Santiago de Compostela), ata o seu pasamento o 16 de xaneiro de 2025.

O seu xeito de tocar e cantar

Unha grande informante, tanto pola calidade técnica do seu cantar e a riqueza e variedade do seu repertorio, como pola enorme calidade humana. Unha cantarea de Erminda conseguía poñer mol a pedra máis dura e endurecer a alma máis aflixida. Malia que o habitual na bisbarra santiaguesa son a muiñeira riscada e o pateado longo (de 9 toques), ela adoitaba tocar a muiñeira sen riscar e o pateado curto, froito, entre outras cousas, do seu gusto persoal e das influencias que definiran o seu tocar.

Hai que destacar a gran memoria de Erminda: era capaz de lembrar de quen aprendera cada cantarea, cada ton, cada punto.

Rexistros audiovisuais

Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Casa de Erminda nas Casas Novas, Santiago de Compostela (C), 04/01/2015
  • Persoas compiladoras: Alejandro Martínez Míguez e Leticia López Rey
  • Outras persoas que saen na gravación: A filla de Erminda, Carme

Quen a nomea?

Alejandro Martínez Míguez (Alejandro da Peregrina)
[email protected]

Por que?

É natal dunha aldea perto da miña, familiar de miña avoa e a primeira coa que tiven unha relación máis de amizade que de compilador-informante. Moitas tarde de visita, de cantareas, de café con galletas de coco... e moita xente e lugares en común.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto