Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Evangelina Trigo Vecino

Evangelina
Trigo Vecino

(Evangelina de Ghoriño)

A súa vida

Naceu en novembro de 1936 no lugar das Pozacas, pertencente á parroquia de Cerqueda, Malpica de Bergantiños, e viviu toda a súa vida alí. Aprendeu a tocar nas fiadas e foliadas, da súa nai Carmela de Ghoriño. Sempre tocaba coa súa irmá Lola, con María de Vighán e con Higinia do Ghallegho. O seu pasamento foi en marzo do 2024.

O seu xeito de tocar e cantar

Tocaba co puño pechado maioritariamente e o seu torgo era moi alto. Case sempre comezaba ela as coplas.

As coplas maioritariamente eran de catro versos, que rimaban o segundo e o cuarto. Os temas das coplas eran varios: oficios, veciñas e veciños da parroquia, festas, lugares, algunha picante etc.

Rexistros audiovisuais

□ Punteada
□ Ribeirana
□ Xota
□ Agharrado
Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: As Pozacas, Cerqueda, Malpica de Bergantiños (C), ano aprox. 1998-2000
  • Persoas compiladoras: Begoña Gómez e Rosario das Marías
  • Outras persoas que saen na gravación: Lola de Ghoriño, María de Vighán e Higinia do Ghallegho

Quen a nomea?

A.C. Raigañas
[email protected]

Por que?

Foi unha das tocadoras máis representativas da parroquia, xunto coas súas compañeiras María, Lola e Higinia.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto