Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto

“ANDAR COS TEMPOS… ou de como saber cribar o gran para mañá”
A EXPOSICIÓN

Foto
DESCARGA DOSIER EXPOSICIÓN

No 2015 viu a luz a primeira das nosas accións: unha instalación expositiva con vontade didáctica na que se interpelaba á experiencia vital do público, convidándoo á reflexión, formulando preguntas e ofrecendo rexistros audiovisuais e materiais artesanais para guiar as respostas. Deste xeito, quen visitase a exposición facíao de maneira activa, confrontando os propios estereotipos e podendo atopar argumentos para os desbotar.  

Nela debullábanse os estereotipos sexistas identificados e achegábanse recollas etnográficas para contrastalos, con persoas bailando ou facendo música sen axustarse a eles; reflexionábase tamén sobre o concepto de tradición dinámica a través de artesanía actualizada e vixente no século XXI e facíase unha apelación colectiva para seguir transmitindo o PCI sen carga machista.

Ademais do labor de reflexión, para a realización deste traballo Andar cos Tempos investigamos en arquivos etnográficos e sacamos á luz referentes, en 2015 case descoñecidos, de persoas doutras xeracións que romperon cos roles sexistas no reparto de instrumentos xa desde comezos do século XX: mulleres músicas como as gaiteiras Felisa de Bendilló ou Áurea de Cartelle; violinistas como Dolores Gómez Lage; bombeiras como Maruxa dos Rosales ou María Parapar; acordeonistas como a Tomasa; pandeireteiros como Angelito de Toutón ou Vigo dos Toxos...

Exhibiuse en:
  • Casa Museo Casares Quiroga, A Coruña (2017)
  • Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela (2016)
  • Observatorio da Mariña pola Igualdade, Ribadeo (2016)
  • XVI Encontros de Música Tradicional de Carboeiro, Silleda (2015)
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto