Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Fe Cartea Novo

Fe
Cartea Novo

A súa vida

Naceu en Vilar de Mouros, no concello de Meira (Lugo) en 1936 e continúa vivindo alí. Non tocou ningún instrumento, pero tiña fama de boa cantadora. Agora non lle gusta cantar en público, aínda que, tal e como indican ela e a súa familia, antes cantaba todo o día polas leiras.

O seu xeito de tocar e cantar

Trátase dunha grande improvisadora de melodías. Semella que lembra algunhas letras ás que ela lles engade o son.

Rexistros audiovisuais

□ Coplas
□ Cantar de Sega
Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Vilar de Mouros, Meira (LU), 2024 e 2011
  • Persoas compiladoras: Noemi Basanta Llanes
  • Outras persoas que saen na gravación: Noemi Basanta (a súa neta) e Clara Basanta (unha filla)

Quen a nomea?

Noemi Basanta Llanes
[email protected]

Por que?

Quero nomear esta pandeireteira, que ademais é a miña avoa, porque representa a moitas desas mulleres cuxos repertorios son moi pequenos e baseados na improvisación de melodías. Son grandes descoñecidas, xa que os seus cantos non facilitan montaxes para grupos de pandeireteiras. Porén, eran —e son— mulleres cun enorme talento, ás que, nalgún momento, a sociedade lles fixo crer que non debían seguir cantando en público.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto