Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Felisa Carballeiro Rana

Felisa
Carballeiro Raña

(Felisa de Carballeiro)

A súa vida

Naceu en 1940 na Paínza (A Pontraga, Numide, Tordoia) e finou en 2023 no mesmo lugar.

O seu xeito de tocar e cantar

Tocaba a man cambiada a pesar de ser destra, pois así tocaba súa madriña, de quen aprendeu. Este feito facía que tivese un xeito particular de tocar a muiñeira, acentuando o segundo peto ao estilo muiñeira vella, sen chegar a ser tal; nunca tocaba a muiñeira doutro xeito. Tocaba soa, porque non daba cadrado o seu xeito con outra persoa. Os cambios era de tres petos (dobrados). O pateado era de catro, con cambios de catro petos (dobrados). Cantaba con bastante ornamentación vocal, e introducía aturuxos moi a miúdo. Só tocaba pandeireta.

Tiña un repertorio melódico dos máis abundantes da zona, sinalando, ademais, quen eran as persoas das que aprendera unha melodía ou outra.
Tiña un repertorio popular moi amplo, pois mostraba unha gran capacidade memorística. É destacable tamén o seu grao de improvisación: facía modificacións nas coplas continuamente, para dicir o que quería, e creaba cántigas novas tanto in situ como na casa, para levalas preparadas aos lugares onde ía. Paréceme relevante que axeitase moito o tipo de texto á melodía que ía botar, poñendo o foco no que transmitía a melodía, sobre todo nos cantos sen instrumentación. Tamén destaco, coma noutras moitas cantadoras, a identificación de certas melodías cunha copla de arranque que sempre era a mesma.

Rexistros audiovisuais

Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Escola de Numide, Tordoia (C), 2008
  • Persoas compiladoras: A.C. Brisas do Quenllo (María e Carme Iglesias Vázquez)

Quen a nomea?

Carme Iglesias (Carme da Pontragha)

Por que?

Foi a mestra fundamental para entender a música e a identidade propia vinculada a ela, tal e como a entendo hoxe. Compañeira de tocata sempre.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto