Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Gumersinda Rodriguez de la Fuente

Gumersinda
Rodríguez de la Fuente

(Linda)

A súa vida

Naceu o 20/06/1925 no lugar de Queo de Arriba, na parroquia de Bértoa, concello de Carballo. Emigrou a Montevideo no ano 1953 cos seus tres fillos e nunca volveu para quedar. Na actualidade segue en Montevideo e fixo 100 anos o pasado verán.

O seu xeito de tocar e cantar

O seu xeito é sen dúbida bergantiñán. Toca maneos, muiñeiras vellas, muiñeiras corridas, muiñeiras novas, agarrados etc.

O seu repertorio son aparentemente coplas populares, pero tamén ten algunhas da súa autoría, como se aprecia nun audio no APOI (por exemplo "Galicia miña Galicia, terra de tantos colores...").

Rexistros audiovisuais

Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Montevideo (Uruguai), setembro de 2024
  • Persoas compiladoras: Jenni e Hadri Felpete
  • Outras persoas que saen na gravación: Rosario Collazo (neta de Gumersinda) Patricia (falecida, familiar de Gumersinda) e Adriana Puoy

Quen a nomea?

Jennifer Felpete Iglesias (Jenni Felpete)
[email protected]

Por que?

Para facer ver que a nosa música, aínda que esteamos ben lonxe, non se esquece. Linda é un exemplo a seguir: con 100 anos, segue cantando e tocando.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto