Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Higinia Cean Verdia

Higinia Cecilia
Ceán Verdía

(Higinia do Ghallegho)

A súa vida

Naceu en maio de 1933 e faleceu en xuño do 2007. Naceu no lugar de Leduzo, parroquia de Cerqueda, Malpica de Bergantiños. Viviu parte da súa vida en Leduzo, ata que casou e foi vivir para a Coruña. Emigrou a Inglaterra e cando volveu para Galicia viviu nas Pozacas, tamén na parroquia de Cerqueda.

Aprendeu a tocar da súa amiga Carme de Blanco, bailadora e tocadora, e de Socorro da Locaia, gran tocadora, ambas tamén de Leduzo. Na súa casa había unha taberna, a taberna do Ghallegho: alí facíanse foliadas ou fiadas, e era onde tocaban a pandeireta e bailaban.

O seu xeito de tocar e cantar

Como as súas compañeiras Evangelina e Lola de Ghoriño e María do Vighán, tocaba a pandeireta co puño pechado. O seu torgo non era tan alto coma o de Evangelina e Lola, pero tiña unha voz que acoplaba moi ben con elas e volteaba ben.

As coplas maioritariamente eran de catro versos, que rimaban o segundo e o cuarto. Os temas das coplas eran varios: oficios, veciñas e veciños da parroquia, festas, lugares, algunha picante etc.

Rexistros audiovisuais

□ Agharrado
□ Punteada
□ Ribeirana
□ Xota
Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: As Pozacas, Cerqueda, Malpica de Bergantiños (C), ano aprox. 1998-2000
  • Persoas compiladoras: Begoña Gómez (do Manso) e Rosario das Marías
  • Outras persoas que saen na gravación: Evangelina e Lola de Ghoriño e María de Vighán

Quen a nomea?

A.C. Raigañas
[email protected]

Por que?

Higinia e as súas compañeiras foron unhas tocadoras que nos ensinaron moito e incluso nos acompañaron nalgunha actuación de Raigañas, e temos moi bo recordo delas.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto