Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Hortensia Taboada

Hortensia
Taboada

A súa vida

Naceu en 1931 en Zobra (Lalín), onde pasou toda a vida. Aprendeu a tocar da súa nai, que lle ensinou na casa; ao principio, como non tiñan pandeireta, tocaban nun prato de porcelana. Xa moi noviña empezou a ir ás ruadas.

O seu xeito de tocar e cantar

Hai que destacar que Hortensia aprendeu a tocar co puño, pero despois cambiou a tocar coa man medio aberta porque lle resultaba máis fácil e tamén pola influencia da súa compañeira Amparo, xa que sempre tocaban xuntas e querían facer as dúas do mesmo xeito. No xeito de tocar destaca que non abren moito a pandeireta e que na muiñeira os dous primeiros toques son máis fortes que o último. A orde das pezas nas ruadas era: xota, muiñeira, agarrado e rumba.

As cancións eran as que lles ensinaban nas ruadas e na casa, pero tamén aproveitaban o tempo de ir coas vacas para compoñer coplas.

Rexistros audiovisuais

Ficha técnica da gravación 1
  • Lugar e data: Zobra, Lalín (PO)
  • Persoas compiladoras: Celso F. Sanmartín
  • Outras persoas que saen na gravación: Amparo Dobarro

Ficha técnica das gravacións 2 e 3
  • Lugar e data: Teleclub de Zobra, Lalín (PO), 2009
  • Persoas compiladoras: Pichi Abollado, Pedro Brañas e Chus Caramés
  • Outras persoas que saen na gravación: Amparo Dobarro, Concepción, Pepe e Josefa

Quen a nomea?

Marta Mouriño Taboada e Chus Caramés
[email protected]

Por que?

Témoslle especial cariño porque en Zobra foi onde, aínda que en distintas épocas, fixemos as nosas primeiras recollidas. Porque desde entón fomos tecendo un vínculo entre nós, polo que hoxe nos consideramos como da familia. Porque son bravas no seu cantar, no seu tocar e no seu vivir. Porque son uns verdadeiros tesouros humanos vivos, coa grandísima habilidade de transmitir o saber popular cun arte e unha alegría asombrosas. Polo tanto que nos aprenderon coa súa leal compañía, sempre fieis á Santa Ferreña, a cal é a representación delas, e elas a súa encarnación.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto