“ANDAR COS TEMPOS… ou de como saber cribar o gran para mañá”
A EXPOSICIÓN
No 2015 viu a luz a primeira das nosas accións: unha instalación expositiva con vontade didáctica na que se interpelaba á experiencia vital do público, convidándoo á reflexión, formulando preguntas e ofrecendo rexistros audiovisuais e materiais artesanais para guiar as respostas. Deste xeito, quen visitase a exposición facíao de maneira activa, confrontando os propios estereotipos e podendo atopar argumentos para os desbotar.
Nela debullábanse os estereotipos sexistas identificados e achegábanse recollas etnográficas para contrastalos, con persoas bailando ou facendo música sen axustarse a eles; reflexionábase tamén sobre o concepto de tradición dinámica a través de artesanía actualizada e vixente no século XXI e facíase unha apelación colectiva para seguir transmitindo o PCI sen carga machista.
Ademais do labor de reflexión, para a realización deste traballo Andar cos Tempos investigamos en arquivos etnográficos e sacamos á luz referentes, en 2015 case descoñecidos, de persoas doutras xeracións que romperon cos roles sexistas no reparto de instrumentos xa desde comezos do século XX: mulleres músicas como as gaiteiras Felisa de Bendilló ou Áurea de Cartelle; violinistas como Dolores Gómez Lage; bombeiras como Maruxa dos Rosales ou María Parapar; acordeonistas como a Tomasa; pandeireteiros como Angelito de Toutón ou Vigo dos Toxos...
Exhibiuse en:
FALADOIROS INTERACTIVOS
Coa intención de achegar os contidos da exposición dunha maneira que permitise afondar neles a través do debate construtivo, así como tamén para facilitar a mobilidade do proxecto, comezamos a desenvolver faladoiros teóricos interactivos. Neles explicamos a nosa investigación sobre a orixe e as razóns da transmisión dos estereotipos citados anteriormente, aplicamos dinámicas para confrontalos vivencialmente e proporcionamos argumentos para desbotalos. Para ofrecer estes faladoiros, as integrantes de Andar cos Tempos témonos desprazado a diferentes puntos tanto da xeografía galega como peninsular.
FALADOIROS REALIZADOS:
2024
2022
2021
2020
2019
2018
FALADOIROS REALIZADOS:
2024
2022
- Ciclo Tradición en feminino en Padrón, organizado pola Asociación de Gaiteirxs Galegxs | VER EMISIÓN DAS XORNADAS
- Elviña (A Coruña), organizado pola Asociación Cultural Tempo Novo
2021
- Vilaboa, organizado pola Asociación de Mulleres de Vilaboa
- Melide, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Melide
2020
- Xornadas Arquivos, mulleres e tradición, organizadas polo Consello da Cultura Galega [en liña] | VER VÍDEO - Relatorio Carme Campo e Chus Caramés, mestras de baile tradicional.
- Seminarios formativos sobre Patrimonio Inmaterial: Coñecemento, divulgación e posta en valor, organizados por AGANTRO - Asociación Galega de Antropoloxía [en liña]
2019
- Jornadas sobre Património Imaterial e Género en Compostela, organizadas pola Asociación Cultural A Gentalha do Pichel
- Pontevedra, organizado polo Centro Social Quilombo e a Asociación Cultural Trepia
- Venrespirar en Ourense, organizado pola Asociación Cultural Algaravia, o Centro Social A Galleira e o colectivo Marcha Mundial das Mulleres
- Xornadas Etnográficas do Morrazo en Cangas, organizadas pola Asociación Cultural Peis d’hos
2018
- Xornadas sobre baile tradicional en Teo, organizadas pola Asociación de Gaiteirxs Galegxs
- Xornadas A voltas co baile no Museo do Pobo Galego, en Compostela
- Concello de Teo, a través do CIM
- XVII Jornadas de Música Popular: Las mujeres en la música y cultura tradicional, no Museo Etnográfico Soinuenea, en Oiartzun (Guipúscoa)
OBRADOIROS TEÓRICO-PRÁCTICOS
Andar cos Tempos desenvolve tamén, atendendo ás demandas do colectivo destinatario, diferentes obradoiros teórico-prácticos dirixidos a docentes da educación formal e non formal, ensinantes de baile e música tradicionais e persoas interesadas en xeral polo PCI. Neles, propiciamos a reflexión a partir das experiencias persoais para, a continuación, achegar ferramentas metodolóxicas con que poder transmitir o baile e a música tradicionais de maneira coeducativa.
OBRADOIROS REALIZADOS:
2024
2023
2022
2021
2020
2019
2018
2017
2016
OBRADOIROS REALIZADOS:
2024
- Xornada "Re-configurando roles" en Ourense, organizada pola asociación Rebulir e a Universidade de Vigo
- Romaxe urbana: Folk no Alobre en Vilagarcía, organizada pola asociación PésdeBarro.
- CIFP Ánxel Casal de Monte Alto, na Coruña
- Curso 2023-2024: Aulas para toda a comunidade da USC, organizadas desde a Facultade de Ciencias da Educación, dentro do proxecto Móllate coa cultura
2023
- Boimorto, organizado pola Asociación Folclórica Santiaguiños de Boimorto
- Ruada da Pontragha, na Pontragha (Tordoia), organizada pola A.C. Brisas do Quenllo
- Melide, a través da Asociación Cultural Herba Grileira
- A Baña lembra: Xornadas de inmersión patrimonial, culturas e usos sociais na Baña
- CEIP Ponte dos Brozos, en Arteixo, no marco do proxecto Iguala-T
- Asociación de Familias do CEIP O Cantel, en Foz (dous obradoiros, un dirixido ao profesorado e outro interxeracional dirixido ás familias)
2022
- IX Xornadas de Baile Tradicional en Lugo, organizadas pola Asociación de Gaiteirxs Galegxs
- Festival As Nosas Músicas en Couso (A Estrada)
- Noites Alternas en Santiago de Compostela
2021
2020
2019
- Unión de Muchachas (Boiro)
- Bóveda, a través do programa Ler conta moito
- Begonte, a través da Asociación Cultural Castiñeiro Milenario
- Itinerario formativo As danzas do mundo como recurso educativo para profesorado do CPI Antonio Orza Couto, en Codeso (Boqueixón), a través do CAFI.
- Curso de verán da USC Galego, porta aberta para o mundo 2, en Rianxo
2018
- Concello de Teo, a través do CIM
- Área de Igualdade do Concello de Arzúa (2)
- Romaría de Santa Margarida na Coruña
- Tradidanças en S. Pedro do Sul (Portugal), baixo o nome de Meiró
2017
- Libraría Fiandón, organizado pola Concellaría de Culturas da Coruña dentro da programación do Mes das Letras.
2016