Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Josefa Penedo

Josefa
Penedo

A súa vida

Naceu no lugar de Cebral, parroquia de San Xoán de Froufe, O Irixo, en 1936 e faleceu nese mesmo lugar en 2023. Foi unha muller labrega nada nunha pequena aldea, que se viu obrigada, coma tantos outros veciños, a emigrar ao País Vasco, para poder ofrecerlle unha vida mellor aos seus fillos. Aprendeu a tocar nas ruadas de Cebral, que se celebraron ata ben entrados os anos 70, unha data bastante tardía en comparación coa maioría de Galicia. O fin das ruadas foi provocado neste lugar pola escaseza de xente que puidese ir a elas, xa que emigrou toda a veciñanza. Nesas ruadas tocaban de dúas en dúas a pandeireta para que as demais persoas bailasen.

O seu xeito de tocar e cantar

Josefa tocaba os ritmos propios da súa zona: xota, muiñeira, rumba e pasodobre. O tocar da muiñeira é característico do concello do Irixo, así como doutros da provincia ourensá, mesturando un toque de muiñeira normal cun cuatrillo. Por outra banda, o tocar da xota de Josefa é algo peculiar, pois é o que a día de hoxe coñecemos como "xota dobre" ou "xota de nove", mais ela deixa un pequeno silencio antes dos últimos golpes e contrae os seguintes para volver entrar no ritmo. Ademais, as cantigas adoita cantalas acompañadas de un ailalá rematado nun sutil -i final.

O seu repertorio de cantigas estaba conformado por centos delas, herdadas de xeración en xeración ou aprendidas entre iguais na súa xuventude. A diferenza doutras veciñas que contaban que si creaban algunha cantiga, Josefa tiña claro como eran as dalgún tempo con puntos e comas.

Rexistros audiovisuais

□ Rumba
Ficha técnica das gravacións 1 e 2
  • Lugar e data: Cebral, O Irixo (OU), 25/03/2018
  • Persoas compiladoras: Leticia López Rey, Alejandro Martínez Míguez e Miguel Barbazán Lesta
Ficha técnica da gravación 3
  • Lugar e data: Cebral, O Irixo (OU), 30/08/2018
  • Persoas compiladoras: Leticia López Rey, Alejandro Martínez Míguez e Miguel Barbazán Lesta
  • Outras persoas que saen na gravación: Leonor e Lola, veciñas de Cebral

Quen a nomea?

Miguel Barbazán Lesta

Por que?

De tantas veces que estivemos con ela e de tanto que nos ensinou, Josefa é como se fose a nosa avoa. Foi unha muller que sempre nos atendeu, cantou e ensinou de mil amores, abriunos as portas da súa casa como a un máis da familia e gardámoslle moito cariño, tanto a ela como á súa filla Ana.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto