A súa vida
Naceu no lugar de Cebral, parroquia de Froufe, concello do Irixo, en 1949. Comezou a tocar nas ruadas de Cebral desde nena, ata que casou. Con 23 anos emigrou para o País Vasco, onde reside actualmente. Canta, baila, toca a pandeireta, as cunchas e calquera cousa que se lle poña diante.
O seu xeito de tocar e cantar
Ten un tocar propio da zona. Ela mesma di que se diferencia doutras veciñas en que toca coa man aberta, porque co puño cerrado non lle dá xeito; di que coa man aberta pode repenicar mellor a pandeireta. Interpreta xotas, muiñeiras, pasodobres e rumbas e sabe unha infinidade de cantigas. Tamén se lembra de coplas: as historias de sucesos, que os cegos vendían nas feiras; xeralmente esas historias eran en castelán, pero ela coñece máis dunha en galego.
Sabe cantigas que aprendeu de nena nas ruadas, e tamén é quen de compoñer cantigas ou modificar algunhas existentes, incluso a día de hoxe. Fixo unha para agradecernos que foramos onda ela: “A ruada está armada / ela non é de perder(e) / volveron os de Santiago / que nos viñeron a ver(e)”.

Rexistros audiovisuais
□ Cantares
|
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Miguel Barbazán Lesta
Por que?
Lola é unha muller a quen lle encanta cantar e tocar, encantáballe bailar, encántalle ensinar aos demais o que ela sabe e tratounos sempre de marabilla. Somos xa amigos desde hai anos e merece un especial recoñecemento polo boa persoa que é.