Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Manuela Castro Landeira

Manuela Alsira
Castro Landeira

A súa vida

Naceu o 28/05/1946 en Xavestre, no concello de Trazo. Actualmente vive na parroquia do lado, Chaián, concretamente no lugar de Gurís. Aprendeu moitas cantigas dunha veciña coñecida como A Noucha. Sabe moitísimas cantigas que cantaba cando as súas fillas eran crianzas, e tamén lle cantou aos seus netos, aínda que desde que enviuvou non volveu cantar máis.

O seu xeito de tocar e cantar

Manuela só canta, non toca ningún instrumento que se saiba. Canta cantigas que aprendeu de pequena das veciñas e algunhas regueifas que recorda de vodas da veciñanza.

Rexistros audiovisuais

□ Cantigas
Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Chaián, Trazo (C), 2012
  • Persoas compiladoras: Ana Belén Liñares Castro
  • Outras persoas que saen na gravación: Fillas

Quen a nomea?

Ana Belén Liñares Castro
ab.linharescastro@gmail.com

Por que?

Gustaríame que se conservasen todas as cantigas que sabe miña nai, que algunha persoa as recollese e se seguisen transmitindo.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto