Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Maria Esther Rodriguez Miguez

María Esther
Rodríguez Míguez

(María do Vighán)

A súa vida

Naceu en xuño de 1933 no lugar de Leduzo, parroquia de Cerqueda, Malpica de Bergantiños. Vive no lugar das Pozacas, tamén na parroquia de Cerqueda, desde que casou.

Aprendeu a tocar nas fiadas e foliadas, sobre todo na casa do Ghallegho de Leduzo, con Socorro da Locaia, gran tocadora.

O seu xeito de tocar e cantar

Tocaba coa man en puño e tiña una voz moi aguda ao cantar, que cadraba moi ben cos xeitos das outras tres. Todas lle daban moito brío á pandeireta ao tocar. Como as súas compañeiras leais, Evangelina e Lola de Ghoriño e María do Vighán, tocaba punteadas, ribeiranas, xotas, agarrados, chotis e valse.

Utilizaba coplas de catro versos que rimaban o segundo e o cuarto; ás veces tamén cantaba tríadas, sobre todo na ribeirana. O seu repertorio tamén refería a lugares, veciñas e veciños, bailadores, oficios etc. Tamén improvisaba algunha copla, aínda que máis ben seguía a Lola.

Rexistros audiovisuais

□ Punteada
□ Ribeirana
□ Xota
□ Agharrado
Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: As Pozacas, Cerqueda, Malpica de Bergantiños (C), ano aprox. 1998-2000
  • Persoas compiladoras: Begoña Gómez (do Manso) e Rosario das Marías
  • Outras persoas que saen na gravación: Evangelina e Lola de Ghoriño e Higinia do Ghallegho

Quen a nomea?

A.C. Raigañas
[email protected]

Por que?

María é unha tocadora moi boa e que, xunto coas outras tres das Pozacas, foron parte importante da nosa aprendizaxe e do noso cariño pola nosa cultura e pola pandeireta. Era velas tocar e os pelos poñíanse de punta!

[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto