A súa vida
Naceu en 1929 en Suárbol, Candín, na serra de Ancares (nos lindes entre Candín e Cervantes, preto de Piornedo). Marchou nova para Barcelona, pero sempre volveu á terra, pasando algúns veráns en Vilamor, onde casou a súa irmá, para que non estivese soa, e tamén en Suárbol, na súa casa.
O seu xeito de tocar e cantar
O repertorio musical correspóndese ás características da zona, limítrofe, a cabalo entre xeitos, o cal é notorio nas formas de tocar e nas pezas para os bailes: muliñeiras, xotas, agarrados, como nos Ancares galegos; e tamén o chao, como nos leoneses. Bailes de pandeira, de notable tamaño, con toques a dúas mans (muliñeiras), a unha (punto das xotas, chaos e agarrados) e man volta (voltas das xotas).
A súa poesía oral retrata as temáticas comúns coñecidas: amoríos, emigración, bailes, lugares, oficios, traballos, animais... Aprendeunas de xeracións anteriores: non refire se crea novas cantigas.
A súa poesía oral retrata as temáticas comúns coñecidas: amoríos, emigración, bailes, lugares, oficios, traballos, animais... Aprendeunas de xeracións anteriores: non refire se crea novas cantigas.
Rexistros audiovisuais |
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Por que?
Nomeamos a María pola proximidade coa persoa, por todo o que aprendemos con ela, o seu interesante repertorio de área limítrofe e mais o uso do galego na fala e en moitas cantareas.