Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
María Manuela Barcia Míguez

María Manuela
Barcia Míguez

(María de Mata)

A súa vida

Naceu en novembro de 1938 na parroquia de Figueiras (Santiago de Compostela), onde aprendeu a tocar, cantar e bailar nas foliadas da aldea. Casou para Bargo, A Peregrina (tamén no concello de Santiago), onde viviu e vive actualmente.

O seu xeito de tocar e cantar

Gran tocadora e cantadora, toca a muiñeira riscada (como é habitual no rural norte compostelán), o pateado longo, a dansa e o pasodobre. Ademais dos ritmos bailables, recorda moitos cantares como panxolas, e tamén historias, contos...

Como adoita ser habitual, o groso do seu repertorio é aquel herdado das xeracións precedentes.

Rexistros audiovisuais

□ Muiñeira
□ Pateado
□ Rumboia
Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Bargo, A Peregrina, Santiago de Compostela (C), 2014 e 2019
  • Persoas compiladoras: Alejandro Martínez Míguez e Miguel Barbazán Lesta
  • Outras persoas que saen na gravación: María de Mata e Pili de Estrela (veciña)

Quen a nomea?

Alejandro Martínez Míguez
alexmmiguez@gmail.com

Por que?

Por ser a miña veciña, a miña mestra, a miña compañeira de cantareas: unha fonte de sabedoría e unha moi boa muller.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto