Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Maria Miguez Otero

María
Míguez Otero

(María d'Outeiro)

A súa vida

Naceu en Bargo, A Peregrina (Santiago de Compostela) no ano 1927. Aprendeu a tocar, cantar e bailar nas foliadas e nos bailes de pandeireta na aldea de Bargo, onde viviu toda a vida e se dedicou á labranza. Cómpre lembrar que a música non estaba reducida á foliada, senón que acompañaba o día a día da xente: cando ían ao muíño, cando viñan cos feixes da herba, ao sachar, ao ir coas vacas…

O seu xeito de tocar e cantar

A señora María é un grande exemplo do xeito de tocar a pandeireta no rural norte do concello de Compostela e parroquias limítrofes: muiñeira riscada (a man cambiada), pateado, dansa e pasodobre eran os toques máis comúns. Ten unha voz suave, pero que sabe adonairar con moito gusto.

Lembra multitude de cantigas de temática variada e tamén diversidade de tons, tanto de ritmos bailables (muiñeira, pateado, dansa, pasodobre) como cantares "de andar o camiño", de Nadal, de Reis, de arrieiro, regueifas… Como a maioría das informantes, conta que case todo o repertorio foi aprendido "aos de antes", ás xeracións precedentes.

Rexistros audiovisuais

Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Casa da señora María en Bargo, A Peregrina, Santiago de Compostela (C), 17/05/2014
  • Persoas compiladoras: Alejandro Martínez Míguez (Ales Míguez, da Peregrina)
  • Outras persoas que saen na gravación: A señora María de Mata

Quen a nomea?

Alejandro Martínez Míguez (Ales Míguez, da Peregrina)
[email protected]

Por que?

As primeiras recollidas que realicei foron ás miñas veciñas, mulleres fortes e sabias do rural, que marcaron a miña vida de xeito decisivo. Grazas a elas, son quen son a día de hoxe.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto