Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Maria Nieto Vila

María
Nieto Vila

(Maruja de Vila)

A súa vida

Naceu en 1931 en Serantes de Abaixo, San Breixo de Oza, concello de Carballo. Aprendeu a tocar na súa casa. Era dunha familia de xente moi cantadora e bailadora.

O seu xeito de tocar e cantar

Toca o maneo coa pandeireta volta, coma en toda a zona. Toca tamén a muiñeira, o agarrado, a muiñeira corrida e a rumba.

Ten coplas preciosas, que eu de certo non oín en lado ningún. Conta historias de coplas que montaban ela e as súas compañeiras cando traballaban na mina. Tamén ten unha chea de coplas referidas á nosa parroquia que falan de sitios particulares, da taberna onde se facían as foliadas… Ten moitos tons distintos para cada ritmo e ten moita capacidade de improvisación melódica cando se pon a tocar (colle unha melodía de base e vai introducindo matices ou cambios de melodía nalgúns versos da copla). É a persoa coa máis repertorio, tanto en melodías como en coplas, que coñezo.

Rexistros audiovisuais

Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Oza, Carballo (C), 2017
  • Persoas compiladoras: Ramón do Serrador

Quen a nomea?

Ramón Varela Rodríguez
[email protected]

Por que?

É a miña primeira e a miña gran mestra: é a miña veciña da beira da porta, a madriña dos meus amigos da infancia. Crieime con ela: xogamos á brisca, facía unhas chulas de pan e unhas filloas de vicio, ata ben velliña nos esperaba aos antroideiros para botar a súa peza… Ela foi o meu primeiro contacto con alguén que me ensinou a tradición da nosa parroquia. Ademais de gravala, pasei moitas horas con ela aprendendo e penso que sen ela non tería sido o mesmo. É unha persoa que sempre lle gardou moito amor a todo isto e foi capaz de transmitírnolo ás persoas a quen nolo ensinou.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto