A súa vida
Naceu en 1937 no barrio do Barral, na parroquia de Gargamala, en Mondariz (O Condado). Aprendeu a tocar, cantar e bailar de súa nai, Hermosinda Barral, e do resto de mulleres vellas do Barral. Foi unha muller labrega; traballou cortando piñeiros no monte e na construción da estrada que une O Barral co Barro.
O seu xeito de tocar e cantar
María de Penas altas é unha das informantes senlleiras da comarca do Condado. O seu estilo musical é o propio desta zona: melodías arcaicas estreitas, ornamentadas con numerosas apoiaturas, mordentes e grupetos e interpretadas nunha tesitura moi aguda. No contexto do serán, as catro ou cinco mozas que cantaban xuntas acompañábanse sempre coa pandeireta. Durante as labradas, no contexto do ritual da aña, empregaban o legón percutido cun seixo branco como instrumento de percusión. O repertorio para o baile comezaba sempre pola xota, que podemos desfrutar no vídeo, seguida da muiñeira, o primeiro agarrado ou “tremelico”; os dous pasos ou “chiqui chiqui”, e para rematar o valse ou “Brasilisa”.
María de Penas Altas é unha informante excelente que manexa unha cantidade inxente de literatura de tradición oral: romances novos, romances vellos, contos… e, por suposto, centos de cantigas de temáticas moi diversas. O groso do seu repertorio foille transmitido polos maiores do lugar, aínda que tamén, seguindo os mecanismos tradicionais, armaba cantigas con pés feitos. María é tamén unha boa intérprete de cantigas ao desafío, ou “despique”.

Rexistros audiovisuais |
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Por que?
María é unha das nosas informantes referenciais, unha gran mestra da tradición con quen convivimos de xeito moi estreito durante o proceso de investigación e edición do noso libro Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral.