Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Maria Souto Brana

María
Souto Braña

A súa vida

Naceu en Langueirón, parroquia de Meanos (Zas), no ano 1934. Vive en Pedra Padreiro, concello de Zas, onde casou con José; están pretiño do Couto (Muíño) e xúntanse coas veciñas deste lugar a cantar e tocar a pandeireta, divertirse…; fan comidas e van de viaxe e excursión xuntas.

O seu xeito de tocar e cantar

O seu repertorio musical é extenso e responde aos patróns da área xeográfica onde se desenvolve, na comarca de Terra de Soneira, moi preto da do Xallas, coa que hai similitudes. Para o baile toca a riscada (punteada), a muiñeira (vella), a xota, a danza, a rumba, o pasodobre e o valse, nesta orde, reproducindo estruturas en que sempre van primeiro os soltos (riscada, muiñeira e xota) e despois, os agarrados. No xeito de tocar utiliza os recursos do riscado, o empuñado (muiñeira) e os toques a man aberta para o resto dos bailes. Coñece e reproduce tamén alalás, romances, cantos variados…

Ten un repertorio extenso de “cantas” (así se chaman as cantigas na zona), con temáticas comúns: amor e desamor, viaxes, emigración, animais, lugares, desafíos con outras cantareiras ou cos homes…

Rexistros audiovisuais

Ficha técnica da gravación 1
  • Lugar e data: Pedra Padreiro, Muíño, Zas (C), 2010-11
  • Persoas compiladoras: Xermán Muíños
Ficha técnica da gravación 2
  • Lugar e data: Muíño, Zas (C), 2013
  • Persoas compiladoras: Chus Caramés e Otto Roca (gravación)
Ficha técnica da gravación 3
  • Lugar e data: O Couto, Muíño, Zas (C), 2014
  • Persoas compiladoras: Xermán Muíños e alumnado
  • Outras persoas que saen na gravación: Lelucha e María Souto; en segundo plano, José, o home de María; mulleres e homes da aldea; alumnado de Santiago de Compostela e Couso (A Estrada)

Quen a nomea?

Xermán Muíños e Chus Caramés
[email protected] / [email protected]

Por que?

Nomeámola para poñer en valor o repertorio da súa zona e o de María en particular, que aprendeu por transmisión xeracional directa. Ademais, hai que destacar a boa acollida que sempre houbo na súa casa.

Desde que tivemos a fortuna de a coñecer, sempre nos tivo as portas abertas e toda a xenerosidade disposta para nos aprender, tamén festexando a canda nós tantísimos anos nos Encontros de Música Tradicional de Carboeiro.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto