Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Nelida Osorio

Nélida
Osorio

A súa vida

Nélida Osorio (1933-2023) era de Espiñeireda de Ancares, concello de Candín, na provincia de León: trátase dunha área galegófona na vertente leonesa da serra dos Ancares, con moito contacto coas vertentes galega e asturiana. Aprendeu a tocar de nena, na aldea, para os bailes comunitarios semanais. Emigrou a Estrasburgo, onde ten toda a súa familia, pero volveu para Espiñeireda a pasar longas tempadas nos últimos vinte e pico anos. Ela e Rosa Abella (1925-2024) pasaron xuntas moito tempo e moitas tardes de contar, cantar e tocar, tamén con moitas persoas que tivemos a sorte de coñecelas.

O seu xeito de tocar e cantar

O seu repertorio é moi extenso e comprende bailes soltos, como o corrido, a mulineira, a xota, o bienparao, os pollos, o chao e a dulzaina; e agarrados, como o pasodobre, a rumba e o tango. Este repertorio é compartido en gran parte con Rosa Abella, aínda que Nélida só lembraba vagamente os corridos, os pollos, o bienparao ou a dulzaina. O toque de pandeira é complexo e moi variado, segundo o ritmo do baile que sexa, sempre coa pandeira na man esquerda, con xeito a dúas mans con batidas da dereita (polgar + dedos opostos), unha soa man (dereita), man volta...

Usaba cantigas de oito sílabas, como na maioría do repertorio da tradición musical oral, coa temática habitual arredor de lugares, bailes, amoríos, viaxes, animais... O galego tiña moita presenza, aínda que non total, malia que na fala o galego é máis que dominante en Espiñeireda. Nélida maioritariamente reproducía versos aprendidos, pero sempre creaba algunha cantiga nova para levar á Festa da Pandeira de Piornedo, case todas de agradecemento por invitala.

Rexistros audiovisuais

Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Espiñeireda de Ancares, Candín (LE), verán de 2012
  • Persoas compiladoras: Berta Gómez e Xermán Muíños

Quen a nomea?

Xermán Alexandre Muíños
[email protected]

Por que?

Nomeo a Nélida pola variedade do seu legado, pola amizade e o cariño con ela e para poñer en valor este repertorio e a presenza nel da lingua galega.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto