A súa vida
Natural do lugar de Albagueira, parroquia de San Martiño de Ermedelo, Rois. Alí aprendeu a tocar a pandeireta das mozas do lugar e das mulleres maiores ca ela, naquelas foliadas que se facían nas eiras e nos pallotes, nas cales participou ata que a vida a levou a emigrar a Suíza.
O seu xeito de tocar e cantar
Tocaba maxistralmente a pandeireta, raíña das foliadas das terras do Sar noutro tempo. Con ela, interpretaba ritmos soltos ,como a muiñeira (riscada) e o pateado, e ritmos agarrados, como a dansa "corrida", a mazurca ou o chiqui-chiqui.
Ademais de ritmos bailables, coñecía cantares de nadal, reis e ano novo, cantigas "de andar o camiño", así como contos, refráns, memoria do traballo agrario...
Sabía cantigas dunha enorme variedade temática, das cales botaba man segundo lle viñesen á cabeza á hora de cantar. Coma na maioría das informantes, as cantigas (ou cantareas) eran aprendidas das xeracións precedentes, pero sempre se achegaba algunha nova que aprendían nas feiras, nas romarías, na emigración...

Rexistros audiovisuais |
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Por que?
Foi unha informante con quen tecemos unha boa amizade e que nos abriu as portas da súa casa en moitas ocasións.