A súa vida
Naceu en Forcas (Laro, Silleda) en maio de 1929 e casou para Sante, tamén na parroquia de Laro. Labradora de profesión, aprendeu a tocar, cantar e bailar á conta de ver a xente máis vella nas rúas ou ruadas que se facían na aldea. Conta Nieves que tamén eran importantes as espadelas ou as fías do liño, que servían de pretexto para facer logo unha rúa.
O seu xeito de tocar e cantar
Nieves tivo a ben ensinarnos os ritmos bailables da súa xuventude: xota, muiñeira e agarrado. Tamén foi unha gran bailadora, que gardaba na memoria multitude de puntos.
As cantigas que botaba eran de temática variada, como na maioría dos casos. Unhas aprendidas dos máis vellos (a maior parte delas) e algunhas de creación propia.
As cantigas que botaba eran de temática variada, como na maioría dos casos. Unhas aprendidas dos máis vellos (a maior parte delas) e algunhas de creación propia.
Rexistros audiovisuais |
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Alejandro Martínez Míguez (Ales da Peregrina)
[email protected]
[email protected]
Por que?
Foi unha das miñas primeiras gravacións nas terras do Deza e Nieves era unha muller moi sabia e amable.