A súa vida
Olivia naceu o 11/02/1936 no lugar de Vilar, parroquia de Servoi, concello de Castrelo do Val. Sempre participou nas triscas que se organizaban en Vilar.
O seu xeito de tocar e cantar
Olivia cantaba (pasodobres, mazurcas, muiñeiras e xotas) e tocaba principalmente os ferriños, a tixola e as cunchas, pois só había unha pandeireta en todo o lugar. Non coñezo toques característicos ou especiais, nin tampouco adornos na voz.
Aprendeu a cantar da súa nai Consuelo, que cantaba romances dos cegos que ían tocar a Vilar e tamén cantares dos segadores de Castela. Tamén ten moitos cantares que narran sucesos, principalmente tráxicos, que ocorrían na contorna.
Aprendeu a cantar da súa nai Consuelo, que cantaba romances dos cegos que ían tocar a Vilar e tamén cantares dos segadores de Castela. Tamén ten moitos cantares que narran sucesos, principalmente tráxicos, que ocorrían na contorna.
Rexistros audiovisuais
□ Apaga o candil
□ Pepe Veiga de Nostre
□ Un dia de carnaval
□ Vengo de moler
|
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Por que?
Olivia é a miña avoa. Crieime escoitándoa cantar: cantaba sempre, non importaba o que estivese facendo. A “Carolina”, a “Raspa raspita”, o “Apaga o candil”... son cancións que me acompañan desde pequena e que dei por feito que estarían sempre. Comecei a darlles o valor que merecen hai relativamente pouco por dous motivos: cando vin as recollidas doutras persoas e me decatei do seu valor incalculable (en gran parte grazas a Javi, que me animou a gravar a avoa Olivia) e cando ela deixou de cantar por unha sucesión de eventos malos. Hoxe, que volve estar contenta e que eu son consciente de que escoitala cantar e cantar con ela é unha sorte finita, quero que máis xente poida escoitar a súa voz e sentirme como me sentía eu, arrolada por ela.