Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Peregrina Iglesias Pombo

María Peregrina
Iglesias Pombo

(Pereghrina de Chedeiro)

A súa vida

Nada en 1927 na aldea de Bargo, parroquia da Peregrina, concello de Santiago de Compostela. Casou para Aradas, onde tivo os seus fillos, se dedicou á labranza e a entrevistamos. O alcume de Pereghrina de Chedeiro vén do nome da casa para a que foi de casada: a casa de Chedeiro de Aradas.

O seu xeito de tocar e cantar

Muller do rural compostelán que aprendeu das máis vellas nas foliadas que se facían na aldea de Bargo. Tocou a pandeireta, coma o resto das mozas do seu tempo, pero ela gostaba máis de cantar.

Coñece numerosas cantigas "de andar o camiño", tons de muiñeira, de pateado, de agarrado... e mesmo moitos cantares aprendidos de seu pai, quen, segundo nos contou, os trouxo da emigración. Tamén recordaba cantares da panxola da noite de Nadal, de Reis, de Ano Novo e da regueifa.

Rexistros audiovisuais

Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Aradas, A Peregrina, Santiago de Compostela (C), 18/07/2019
  • Persoas compiladoras: Alejandro Martínez Míguez
  • Outras persoas que saen na gravación: O seu neto, Santi Suárez

Quen a nomea?

Alejandro Martínez Míguez (Ales Míguez)
[email protected]

Por que?

A miña veciña Peregrina. Son quen son por criarme onde me criei e rodeado desta xente, gardiá e transmisora da nosa cultura; labregas silenciadas que, de xeito silencioso, eran a esencia máis pura e xenuína do noso país, do noso ser. Elas, sempre nun segundo plano, foron e son as que nos permiten, a día de hoxe, estar onde estamos.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto