Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Pilar Camino Sánchez

Pilar
Camino Sánchez

A súa vida

Naceu en 1938 na aldea de Marzo de Abaixo, parroquia de Santa María de Grixoa (Santiago de Compostela) e faleceu en 2025 en Aradas, A Peregrina (tamén no concello de Santiago), onde casou e pasou a súa vida como labrega, nai e avoa. Aprendeu a tocar nos "bailes de pandeireta" dos domingos á tarde na aldea de Marzo.

O seu xeito de tocar e cantar

Naqueles bailes tocaban a muiñeira, o pateado e o pasodobre. Pilar cantaba mesurando a picardía e a vergoña; sen grandes ornamentacións nin tons elevados, pero cun gran gusto. É o cantar típico daquelas grandes informantes que non consideraban que todo o seu inmenso legado fose tan importante como realmente é.

Adoitaba cantar as cantigas aprendidas "dos vellos dalgún tempo", pero tamén sabía moitísimos ditos e refráns, xogos de palabras, arrolos...

Rexistros audiovisuais

□ Pateado
□ Paxariño pico pico
Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Aradas, A Peregrina, Santiago de Compostela (C), febreiro de 2016
  • Persoas compiladoras: Alejandro Martínez Míguez

Quen a nomea?

Alejandro Martínez Míguez
alexmmiguez@gmail.com

Por que?

É miña avoa. Non foi unha informante: foi a mestra que me ensinou a ser e estar; quen me fixo comprender que a alegría non vén de ter tesouros materiais, senón de estar rodeado de xente boa e rir, sempre rir. Mestra de cantares, pero tamén de milleiros de cousas máis que conforman o noso patrimonio inmaterial: como facer unha manchea de grelos, que dicir ao pasar ao pé dun cruceiro, como esquivar unha situación complexa cun refrán...
Non podería ser doutra maneira, avoa, que mencionarte e recoñecerche todo o que fuches e por sempre serás: nai, avoa e labradora.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto