Andar cos Tempos
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto
Pilar Noche González

Pilar
Noche González

(Pilara de Crimente)

A súa vida

Naceu en 1944 en Vilar do Rei, San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), onde aprendeu, como é habitual, nas foliadas da aldea nas noites do domingo. Logo casou para a aldea de Sarela de Arriba, na Peregrina (tamén no concello de Santiago), onde vive actualmente.

O seu xeito de tocar e cantar

Moi boa cantadora e tocadora, toca muiñeira riscada, pateado curto e pasodobre. Ten un xeito de cantar moi persoal, cunha voz entre rachada e potente: é unha delicia escoitala.

Adoita cantar o que herdou "dos vellos daquela", como na maioría dos casos: cantigas referidas a santos, aos traballos, aos amores, á paisaxe, a lugares... Ademais dos ritmos bailables, tamén lembra cantares como as panxolas de Nadal e de Reis.

Rexistros audiovisuais

□ Muiñeira
□ Pateado
□ Panxola
Ficha técnica da gravación
  • Lugar e data: Sarela de Arriba, A Peregrina, Santiago de Compostela (C), 2014 e 2022
  • Persoas compiladoras: Alejandro Martínez Míguez e Miguel Barbazán Lesta

Quen a nomea?

Alejandro Martínez Míguez
alexmmiguez@gmail.com

Por que?

Pilar é desas grandes mulleres que fan comunidade: cantadora onde as haxa, boa veciña, boa muller... Unha gran mestra que merece ser recoñecida por todo o que sabe e todo o que tivo a ben nos ensinar.
[email protected]
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Intervencións
    • Exposición
    • Faladoiros
    • Obradoiros
  • Recursos
    • Publicacións
    • Materiais divulgativos
  • ENTRE TODAS
    • ENTRE TODAS
    • Nomeadas
  • Contacto