A súa vida
Nada na aldea de Leboráns, Trasmonte, no concello de Ames, en 1937. Aprendeu a tocar de súas tías e da xente vella do lugar, a cal acostumaba a ir tocar ás foliadas para que a mocidade bailase a muiñeira, o pateado, a dansa, o chape-chape...
O seu xeito de tocar e cantar
Pilar conta cunha excelente ornamentación, cunha voz cargada de forza coa que adobía de xeito maxistral os cantares do país. Destaca o seu gran manexo da pandeireta, instrumento fundamental para o divertimento nas foliadas e romarías de toda a redonda. A maior peculiaridade que observamos no seu xeito de tocar é o emprego de riscados no pateado e incluso na dansa.
O seu repertorio consta de ritmos bailables que eran acompañados pola pandeireta (muiñeira, pateado, dansa e chape-chape) e cantares "non bailables" (cantar do arrieiro, cantares "de andar o camiño", panxolas do Nadal...).
Pilar herdou o cantar e o tocar das xeracións predecesoras, e non é consciente dun grao salientable de improvisación no tocante á creación.

Rexistros audiovisuais |
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Alejandro Míguez Martínez (Alejandro da Peregrina)
[email protected]
[email protected]
Por que?
Temos un forte vínculo: converteuse case nunha avoa de tantas veces que acudimos a ela, ás veces a gravar e outras moitas simplemente a tomar un café e botar unhas cantareas.