A súa vida
Labrega do lugar de Xiao, O Val de Xestoso, Monfero (A Coruña). Filla de solteira, naceu arredor de 1929 ou 1930. Casou con Raimundo, con quen intercambia coplas a miúdo.
O seu xeito de tocar e cantar
Os cantares de Sinda chaman a atención polo feito de cantar romances e parrafeos en galego. É unha grande improvisadora e é característico dela introducir coplas e versos no medio das conversas. Non ten pandeireta e, as veces que tivo unha nas súas mans, úsaa como pequeno acompañamento suave sen técnicas, sendo a voz e as coplas as únicas protagonistas dos seus cantares.
Nunca a vimos cantar en foliadas, porque nesta zona desapareceron. Temos constancia de que nos anos 80 algunha agrupación folclórica lle fixo recollida en Xiao, porque a xente do lugar lémbrao, pero non temos acceso a eses arquivos.

Rexistros audiovisuais
□ Cego
□ O galán de sete damas
|
Ficha técnica da gravación
|
Quen a nomea?
Ana González Jove e Antonio González López
Por que?
Para que estes parrafeos queden rexistrados no APOI e para facer a Sinda eterna.