Andar cos Tempos é un proxecto de investigación-acción creado en 2015, constituído como asociación cultural en 2023 e recoñecido co VIII Premio "Begoña Caamaño" á acción cultural pola igualdade de xénero en 2024, que ten os seguintes obxectivos principais:
Detrás de Andar cos Tempos estamos tres mulleres: inicialmente, Carme Campo e Chus Caramés, sumándose formalmente Ana García Lenza ao constituírse a asociación. Todas somos bailadoras e educadoras nos ámbitos da educación formal e non formal e levamos adiante este proxecto no noso tempo de lecer, con carácter voluntario e sen ánimo de lucro.
- Promover e levar a cabo actividades e estudos para a sensibilización, concienciación, investigación, análise e prevención da discriminación por cuestións de xénero no ámbito da transmisión do patrimonio cultural inmaterial (a partir de agora, PCI).
- Fomentar un desenvolvemento social e cultural a través do PCI, cunha visión feminista, interxeracional, intercultural e igualitaria.
- Deseñar e desenvolver iniciativas locais e/ou transnacionais que tendan á promoción do PCI desde unha perspectiva feminista e inclusiva, así como ao incremento dos foros e espazos de reflexión e debate.
Detrás de Andar cos Tempos estamos tres mulleres: inicialmente, Carme Campo e Chus Caramés, sumándose formalmente Ana García Lenza ao constituírse a asociación. Todas somos bailadoras e educadoras nos ámbitos da educación formal e non formal e levamos adiante este proxecto no noso tempo de lecer, con carácter voluntario e sen ánimo de lucro.
A orixe
Andar cos Tempos naceu para xerar ferramentas con que rachar a transmisión sexista do baile e a música tradicionais. Partiu dunha reflexión profunda para identificar os estereotipos de xénero que se acostuman transmitir tanto nas representacións escénicas destas manifestacións coma nos espazos de ensino máis ou menos formal (agrupacións folclóricas, aulas de baile etc.), así como para analizar a carga sexista que inoculan.
Entre os estereotipos sexistas detectados están os xeitos de bailar diferenciados por xénero, que quen guía sexa sempre un home, as chamadas "parellas mixtas" ou a división dos instrumentos en "masculinos" e "femininos".
As promotoras de Andar cos Tempos detectamos que todos estes estereotipos se transmiten canda o baile e a música tradicionais desde que a súa aprendizaxe se formalizou en escolas e agrupacións, pero non son inherentes a eles: é como se estas prácticas, malia seren tradicionais e por tanto iren naturalmente "andando cos tempos", quedasen inmobilizadas en valores e formas de ver o mundo propias do pasado, que xa non se corresponden cos da sociedade que queremos.
Após esta análise, Andar cos Tempos proponse desenvolver ferramentas para que todas as persoas que practican o baile e a música tradicionais poidan aprender estes códigos, ensinalos e gozar deles en igualdade, sen reproducir estereotipos sexistas nin outras formas de discriminación.
Desde o seu comezo, Andar cos Tempos desenvolveu diferentes estratexias en favor da promoción da igualdade de xénero no ámbito do PCI, procurando tamén atender as necesidades e demandas que a comunidade bailadora e tocadora lle foi solicitando ao longo dos anos.

O VOO DOS ESTORNIÑOS A CANDA OS TEMPOS.
Videocreación para o peche da exposición "Andar cos tempos... ou de como cribar o gran para mañá"
Idea orixinal de Carme Campo e Chus Caramés.
Música de Mercedes Peón.
Gravación e edición do vídeo por Antía Ameixeiras.
Montaxe de Sabela Pernas.
Grazas a Marta Otero e ao alumnado do curso 2014-15 do CEIP Pío XII de Compostela por bailar, coma os estorniños, a canda os tempos.
Falan de nós...
NA TELEVISIÓN:
NA RADIO:
NA PRENSA ESCRITA:
NOUTROS MEDIOS DE DIFUSIÓN E PRESENZA EN MAPEAMENTOS:
CITACIÓNS EN PUBLICACIÓNS ACADÉMICAS E TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN:
NA RADIO:
- Vermú con SER, en Radio Pontevedra Cadena SER (24/03/2025)
- Galicia por diante, na CRTVG (3/06/2023)
- Lume na Palleira, na CRTVG (29/03/2020)
- Diario Cultural, na CRTVG, 2019.
- Turbulencias, en Quac FM, 2021.
NA PRENSA ESCRITA:
- O Salto Diario, 2025.
- Novas da Galiza, 2024.
- Nós Diario, 2023.
- Nós Diario, 2020.
- Nós Diario, 2019.
- O Salto Diario, 2019.
- Galicia Confidencial, 2018.
- La Opinión Coruña, 2017.
- Faro de Vigo, 2016.
NOUTROS MEDIOS DE DIFUSIÓN E PRESENZA EN MAPEAMENTOS:
- Reportaxe sobre o proxecto "Entre Todas" en culturagalega.gal, 2025.
- Proxecto "Saberes próximos", desenvolvido por Bencuriosa.
- Cartografía social "Artivismos", comisariada pola Asemblea de Cooperación pola Paz de Galicia.
- Entrevista do Proxecto Pesquedellas, 2022.
- Entrevista da Asociación Cultural Xirandela dentro da proposta "Rebolando preguntas", 2020.
CITACIÓNS EN PUBLICACIÓNS ACADÉMICAS E TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN:
- Mariño Ardura, Aida (2023): La Sección Femenina y el control de los cuerpos: pervivencia de estrategias franquistas en el baile tradicional actual. Traballo Fin de Máster. Universidade de Oviedo.
- Méndez Fernández, Adrián (2022): La evolución del folclore gallego desde 1900 hasta nuestros días. Algunas consideraciones. Traballo Fin de Grao. Universidade de Oviedo.
- Informe Técnico para a Incoación da Foliada como Ben de Interese Cultural (BIC), 2022.